Conferencia: presente y futuro de la edición electrónica
Eduardo Varela-Cid, director de e-libro presentó una conferencia en la Universidad de Santiago de Compostela sobre el presente y el futuro de la edición electrónica
Eduardo Varela-Cid, director de E-libro, fala en Filoloxía do presente e o futuro da edición electrónica
O ex parlamentario arxentino visita a USC este xoves, 29 de outubro
• Actualizada o Mércores, 28 de outubro de 2009 ás 11:48 (http://www.usc.es/gl/xornal/nova.action?id=115818)
O fundador e director xeral de E-libro, a maior plataforma
dixital de contidos académicos con máis de 100.000 títulos en inglés e
castelán, visita a Facultade de Filoloxía este xoves para falar das
perspectivas da edición electrónica. A conferencia será ás 12:00 horas
no Salón de Actos do centro.
O escritor e editor arxentino de
orixe galega, Eduardo Varela-Cid, foi tamén o fundador en 1999 da
primeira editorial virtual en español ‘El Cid Editor’, con sede en
Miami, logo da súa carreira política no Parlamento de Arxentina e no
Parlamento Latinoamericano onde exerceu a vicepresidencia.
Na
súa conferencia profundará nos retos da edición electrónica, cuxo
principal cometido será conciliar dous intereses hoxe enfrontados como
son, por unha banda, o acceso ao coñecemento e, por outra, o
recoñecemento dos dereitos de autor aos investigadores, escritores e
profesores.
Os asistentes á conferencia recibirán unha subscrición gratuíta aos fondos de e-Libro durante un mes.

